❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

QUE DIN AS RUMOROSAS. Maquinarias Teatro. Unha comedia coral sobre como ser artista... e muller

5 actrices e 1 bailarina navegan xunto a outras 6 artistas galegas nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos.

Helga Méndez

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
172
Aportaciones
7.030€
De 6.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

QUE DIN AS RUMOROSAS

É unha comedia de creación colectiva na que 5 actrices e 1 bailarina sobreviven titanicamente ao día a día de ser muller... e artista.

Contra vento e marea, as 6 intérpretes navegan xuntas con outras 6 artistas galegas nun exótico cruceiro atemporal no que destaparán, a xeito de "Varietés", os seus segredos máis íntimos, as alegrías e sinsabores do crear, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico.

Neste cóctel de humor e amor, as 6 intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretarán, cantarán e bailarán para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE.

Cantas de vós non escoitastes unha e mil veces: "Nena, a Arte non dá cartos", "Mellor prepárate unha oposición", "Quen coidará da casa se ti estás fóra todo o día...?"

Cantos momentos de estrés, dúbidas, soidades, incomprensión, "porca miseria" e "terra, trágame...?"

E cantas de vós, a pesares de todo isto, non puidestes deixar de seguir ese CAMIÑO?

Nós, queridas, tampouco. Queremos navegar a través desas augas descoñecidas e apaixoantes. E para chegar a bo porto, precisamos de mans que remen ao noso lado...As vosas.

Acompañádesnos na travesía?

As Rumorosas
As Rumorosas

"Así falou Penélope: / Existe a maxia e pode ser de todos. / ¿A que tanto novelo e tanta historia? / EU TAMÉN NAVEGAR."
(Versos de "Penélope", de Xohana Torres, poeta galega)

QUEN SOMOS

Maquinarias Teatro é unha compañía galega de Teatro Social con máis de 20 anos de experiencia na dirección e creación de espectáculos e na docencia en obradoiros de Artes Escénicas.

Non entende a Arte sen compromiso e traballa dende a memoria colectiva para poñer en valor a necesidade da escoita e dos afectos, e para observar con ollo crítico a sociedade que nos toca vivir. Para tecer comunidade con amor e con humor.

Rumorosas creando...
Rumorosas creando...

A compañía conta nesta ocasión cun elenco de mulleres da comarca de Ferrolterra e da Coruña, grandes traballadoras da escena e tecedoras de comunidade artística en feminino. Non é a primeira vez que Maquinarias Teatro viaxa con algunhas delas...

Neste proxecto embarcámonos todas con ganas de dar guerra, de falar da situación da Muller na Arte con sentido... e sensibilidade: "RHUMOROSAMENTE".

Tripulación de Rumorosas
Tripulación de Rumorosas

RECOMPENSAS RUMOROSAS

Recompensas Rumorosas
Recompensas Rumorosas

Recompensas Rumorosas Rumbosas
Recompensas Rumorosas Rumbosas

Recompensas Rumorosas VIP
Recompensas Rumorosas VIP

Plantexámonos 3 obxectivos, pero o máis importante é o primeiro. Se o conseguimos, iremos a polos outros dous para realizar melloras na produción do espectáculo:

Obxectivos Rumorosos
Obxectivos Rumorosos

ENTREGA RECOMPENSAS

Decembro 2022.

Estrea prevista: primeira quincena decembro.

A partir do 2 de novembro, enviaremos un formulario para indicarvos e que nos indiquedes como, cando e onde recibir as vosas recompensas, se queredes cedelas ou regalalas a outras persoas, se queredes asistir ás Sesión Vermú...

As 8 Aulas Maxistrais RUMOROSAS concentraranse na fin de semana anterior á estrea. O sábado e o domingo destas Aulas faremos 2 Sesións Vermú RUMOROSAS nos descansos do mediodía, con música e poesía en directo e petiscos, a xeito de convivio entre Mecenas. Calquera Mecenas pode asistir ás Sesións Vermú previa inscrición no formulario.

Aulas Maxistrais Rumorosas
Aulas Maxistrais Rumorosas

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS?

Se conseguimos os obxectivos, aparte de facernos felicísimas por que é un proxecto moi querido para todas nós, estaredes apoiando algo máis grande: Arte escénica galega feita por mulleres galegas.

As achegas do Obxectivo 1 terán como destino gastos de xestión, contratación e dietas para o equipo.

Con cada obxectivo que vaiamos superando, haberá novas recompensas que vos iremos desvelando ao longo da campaña. SORPRESA!

Se sobrepasamos o Obxectivo 1, as achegas do Obxectivo 2 terán como destino melloras en aspectos da produción do espectáculo. O propio equipo estamos a facer xa aportacións persoais en materiais de escenografía, vestiario e atrezzo, as vosas achegas sumarían máis calidade ás nosas.

E se, ou, inmensa alegría!, sobrepasamos o Obxectivo 2, as vosas achegas do Obxectivo 3 apoiarían as melloras na realización do vídeo promocional e vídeo completo da peza de cara á distribución.

CALENDARIO PREVISTO

Calendario Rumoroso
Calendario Rumoroso

+ INFO SOBRE NÓS E O PROXECTO...

Comparte a nosa campaña nas túas redes cos hashtag: #rumorosas #maquinariasteatro

Sobre o proxecto, impulsado por MAQUINARIAS TEATRO:

MAQUINARIAS TEATRO-HELGA MÉNDEZ
@MaquinariasTeatro Facebook
MaquinariasTeatro YouTube
maquinariasteatro Instagram
MaquinariasTT Twitter

CARMEN COTELO
Laboratorio Escénico Coop. Web
Laboratorio Escénico Coop. Facebook

CATERINA BARRO
Comp.Arte Facebook

CRISTINA MARIÑO
Cristina Mariño Facebook

EUGENIA SANMARTÍN
Eugenia Sanmartín Facebook

MARIAN REI
Teatro Calavera Facebook

ANDRÉS PAZOS (Espazos sonoros e músicas)
Andrés Pazos Facebook

PAULA CARBALLEIRA (Dirección en ensaios)
Paula Carballeira Cabana Facebook

Iremos, semana a semana, desvelándovos no blog do proxecto máis información sobre o equipo, os avances nos obxectivos, as recompensas, e por que amamos tantísimo este proxecto e ás mulleres artistas elixidas!!

REMAMOS XUNTAS??

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

34 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Helga Méndez

    Helga Méndez
    Autor/a

    más de 1 año

    Agradecidísimas polo apoio Manu!!! Estamos moi felices de emprender esta aventura e poder compartila con vós nos escenarios!

  • Manu

    Manu

    más de 1 año

    ¡Animo Rumorosas!

  • Helga Méndez

    Helga Méndez
    Autor/a

    más de 1 año

    Alma Barrón mil grazas polo teu apoio e agarimo! Apertas de todas para ti tamén é especialmente de Cati, Marian e Eugenia!

  • Helga Méndez

    Helga Méndez
    Autor/a

    más de 1 año

    Benancio grazas mil a vós por apoiala! Sen vós sería máis difícil! Grazas!

  • Alma Barrón

    Alma Barrón

    más de 1 año

    Moita sorte a todas ! Apertas a Cati, Marian e Eugenia!

  • Benancio_bai

    Benancio_bai

    más de 1 año

    Grazas a vosa labor de creación.

  • Helga Méndez

    Helga Méndez
    Autor/a

    más de 1 año

    Mil grazas polo apoio MMGaliza!

  • mmgaliza

    mmgaliza

    más de 1 año

    Força com este projeto maravilhoso <3

  • Helga Méndez

    Helga Méndez
    Autor/a

    más de 1 año

    Grazas Sofía por remar con nós!

  • Sofia

    Sofia

    más de 1 año

    A remar artistas!!!! Moita sorte 🙌😘

#25 / ZARPAMOS, XENTES RUMOROSAS!

Foto Residencia Técnica: Alicia Seoane
Foto Residencia Técnica: Alicia Seoane

Queridas xentes! Por fin chegou o momento!

O barco das Rumorosas zarpa hoxe 22 de marzo ás 20h co Pase Especial para Mecenas, e mañá 23 de marzo ESTREA OFICIAL ás 20:30h, no noso querido Teatro Jofre. Na nosa casa.

Moi felices da chegada deste momento!

Agradecer de novo a todas aquelas persoas, colectivos, entidades públicas e privadas que fixestes posible este soño.

Moi feliz de compartir viaxe con estas compañeiras, mulleres artistas fortes e loitadoras, GUAAAAAU, ARTISTAS!!:

Marian Rei, Eugenia Sanmartín, Carmen Cotelo, Cristina Mariño, Caterina Barro no elenco.

Grazas a Paula Carballeira pola túa entrega amorosa na Dirección Artística.

Grazas Andrés Pazos polo fermoso traballo na composición, arranxo e gravación das pezas musicais.

Grazas Diego Vilar do Grupo Creativo RTA por encher de colorido e dar vida no deseño de iluminación á posta en escena.

Sodes moitas e moitos! Dádevos todas por agradecidas!

Aí vamos!

leer más

#24 / AVISO, NAVEGANTAS! ESTA SEMANA ESTREAMOS!!

Queridas e queridos mecenas! Por fin chegou o momento tan desexado de compartir viaxe con vós!

A piques de zarpar!
A piques de zarpar!

Esta semana estaremos cos últimos preparativos, moi concentradas en darvos o mellor de nós!

Xa vos enviamos por correo o Convite para o Pase Especial para Mecenas, que vos lembramos é o 22 de marzo ás 20h no Teatro Jofre. Podedes imprimir o convite ou ben ensinalo no voso móbil na entrada do teatro para poder acceder ao Pase.

Comunicámosvos tamén por correo a reserva de Entradas para a Estrea, o 23 de marzo ás 20:30h., aquel@s mecenas que teñen dereito a ela. Podedes recollelas xa ao voso nome de mecenas na taquilla do Jofre e ata 45 minutos antes da función.

Lembrámosvos tamén que están as entradas á venta xa en liña e na taquilla do Teatro Jofre.
AQUÍ ENTRADAS Á VENDA PARA A ESTREA

MIL GRAZAS POLO VOSO APOIO!

O BARCO DAS RUMOROSAS ZARPA!

#23 / QUERIDAS E QUERIDOS MECENAS! ACABAMOS DE RECIBIR O IV PREMIO LUISA VILLALTA A PROXECTOS POLA IGUALDADE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA!!

Foto de ensaio coa nosa directora Paula Carballeira
Foto de ensaio coa nosa directora Paula Carballeira

Queridas xentes!

A equipa das Rumorosas estamos felicísimas! Acadamos o IV PREMIO LUISA VILLALTA a Proxectos pola Igualdade 2023 da Deputación da Coruña co noso (e voso) proxecto teatral "Que din as Rumorosas".
Aquí a nova do Premio na web da Deputación

O Diario de Ferrol e Radio Fene difunden esta enorme alegría, grazas polo apoio!
Radio Fene
Diario de Ferrol

A ESTREA da nosa comedia para amar e rir con seis das nosas artistas galegas, será no TEATRO JOFRE (Ferrol) o 23 de MARZO ás 20:30h.
Preme aquí para ir reservando as túas entradas!

O PASE ESPECIAL PARA MECENAS será o 22 de marzo ás 20h, tamén no Teatro Jofre en Ferrol.

A SESIÓN VERMÚ do 12 de febreiro de 14 a 16h, e as AULAS MAXISTRAIS do 11 e 12 de febreiro, serán no Centro Cívico de Canido, en Ferrol.
Centro Cívico de Canido
Ubicación Centro Cívico

Horario e datas das AULAS
Horario e datas das AULAS

Estaremos tamén co espectáculo no MULTIUSOS DA XUNQUEIRA (Redondela) o 1 de ABRIL ás 20h.
leer más

#22 / BOAS NOVAS MECENAS! XA TEMOS DATA DE ESTREA!

De ensaios coa nosa directora Paula Carballeira
De ensaios coa nosa directora Paula Carballeira

Querida tripulación das Rumorosas!

Xa temos data de ESTREA!!

Será o 23 DE MARZO DE 2023 ÁS 20:30h no TEATRO JOFRE, en Ferrol, na nosa casa!

A primeira semana de decembro empezamos xa os ENSAIOS coa nosa directora Paula Carballeira no local da Escola de Danza CompArte, amablemente cedido pola nosa compañeira Caterina Barro.

Queremos ofrecervos este vídeo breve de ensaio do 6 de decembro de 2022, no que aparecen tamén dúas das pezas musicais compostas polo músico Andrés Pazos.
Aquí o vídeo de Ensaio do 6 decembro 2022

O PASE ESPECIAL PARA MECENAS será tamén no Teatro Jofre o 22 de marzo pola tarde. Lembrade que neste Pase Especial aínda estaremos pechando algúns aspectos técnicos da peza para a súa Estrea o 23, e que ao remate do mesmo poderemos por fin charlar e compartir con vós sobre os procesos desta fermosa viaxe.

leer más

#21 / AVISO, NAVEGANTES!!!

RUMOROSAS creando!!
RUMOROSAS creando!!

Querida tripulación das RUMOROSAS!

Aquí continuamos remando e remando nesta travesía grazas a vós!

En primeiro lugar, queremos comunicarvos que a estrea aprázase ata o mes de marzo do 2023, dado que o espazo previsto xa ten coberta a programación completa do 2022.

Por outra banda, estamos rematando a dramaturxia, e en decembro, por fin!, comenzamos os ensaios coa nosa directora Paula Carballeira, no local da nosa compañeira Caterina Barro, a Escola de Danza CompArte, en Narón.

O noso músico Andrés Pazos xa ten creadas moitas das composicións que acompañarán a peza!

Estamos desexando poder amosarvos este traballo feito con tanto mimo e tantas ganas!

Con respecto ás recompensas, xa temos datas para ofrecervos as AULAS MAXISTRAIS: sábado 11 e o domingo 12 de febreiro de 2023.
• Enviarémosvos na última semana de novembro un formulario correspondente á vosa achega, para que nos indiquedes:
Nomeleer más

#20 / FIN DE CAMPAÑA! OBXECTIVOS 1 E 2 ACADADOS! RUMOROSAMENTE AGRADECIDAS MECENAS!

GRAZAS, TRIPULACIÓN!
GRAZAS, TRIPULACIÓN!

Ola, querida tripulación das RUMOROSAS E RUMOROSOS!

OBXECTIVOS 1 E 2 ACADADOS! AGRADECIDAS E EMOCIONADAS POR FACERNOS CHEGAR A TAN BO PORTO, MECENAS!!
Aquí podedes ver o agradecidas e emocionadas que estamos e a lista completa da tripulación rumbosa que remou con nós durante a campaña!

As vosas achegas para OBXECTIVO 1: 6000€ terán como destino: Gastos Período ensaios, Gastos Xestión Verkami, Gastos Recompensas.

As vosas achegas para o OBXECTIVO 2: 7030€ terán como destino: Gastos Produción para realizar melloras en materiais para o espazo escénico, vestiario e atrezzo.

Acadamos OBXECTIVO 2, así que hai SORPRESAS RUMBOSAS nas RECOMPENSAS para TODAS E TODOS os MECENAS, do primeiro en enrolarse ao máis rezagado!:

Novas recompensas para todas e todos os mecenas!
Novas recompensas para todas e todos os mecenas!

A partir do 2 de NOVEMBRO enviarémosvos un FORMULARIO ao voso correo para indicarvos e que nos indiquedes COMO, CANDO E ONDE recibir as vosas RECOMPENSAS.

leer más

#19 / OBXECTIVO 1 ACADADO: RHUMOROSAMENTE AGRADECIDAS MECENAS!

OBXECTIVO 1: 6000€ ACADADOS!

GRAZAS MECENAS!!!
GRAZAS MECENAS!!!

RHUMOROSAMENTE AGRADECIDAS POR FACERNOS CHEGAR A TAN BO PORTO, MECENAS!!

As vosas achegas para o OBXECTIVO 1 terán como destino:

Gastos Período ensaios

Gastos xestión Verkami

Gastos Recompensas

SEGUIMOS REMANDO XUNTAS para acadar o OBXECTIVO 2 da nosa campaña?

Se chegamos aos 7000€, as Rumorosas poderemos facer melloras na creación do espazo escénico, vestiario e atrezzo, e haberá NOVAS RECOMPENSAS TODOS OS MECENAS: os que xa fixestes achegas, e os que se animen do 1 ao 4 de agosto!!

Estas son as SORPRESAS RUMBOSAS nas recompensas!!:

Novas recompensas rumbosas!!
Novas recompensas rumbosas!!

COMPARTIDE A BOA NOVA OS QUE XA SODES MECENAS!

MIL GRAZAS POLAS VOSAS ACHEGAS!

DESEXANDO NAVEGAR ESCENARIOS CON VÓS NESTA ILUSIONANTE VIAXE!!!

Aqui podedes escoitar a Helga Méndez, produtora en MaquinariasTeatro agradecendo o voso apoio ao proxecto QUE DIN AS RUMOROSAS

https://youtu.be/Fzp2HY9DAyU

#18 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS. MARIAN REI. ACTRIZ.

28 de xullo: 5260€ recadados!!

Grazas novas MECENAS: Ana Sanjuan Caamaño, Ángel, Ángeles, Asociación Coruña Mordente, Concha García Muro, Elvira, Fina, Inés, Isabel Mariño, José, M.M. Galiza, Manolo Manso, Mercedes, Mini, Nur G.R., Olaia Pazos, Pilar González, Ramón, Rubén Constenla Vilar, Teresa Boullosa!

Hoxe acompáñanos a entusiasta Marian Rei, actriz que encarna a Maruja Villanueva en "Que din as rumorosas".

Marian Rei. Actriz.
Marian Rei. Actriz.

Aquí podedes ver e escoitar a Marian Rei falando da súa personaxe

Aínda estades a tempo de subir ao noso barco e remar con nós, a piques de conseguilo!

Ata o 4 de agosto está aberta a campaña!

REMADES CON NÓS?

#17 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS. CATERINA BARRO. COREÓGRAFA DA PEZA.

26 de xullo: 4650€ recadados!!

Grazas novas MECENAS: Agustín Lownzo, Alba Fernández Cotelo, Alberto Iaso Fernández, Alicia Vázquez Méndez, Antón Pérez, Baster, Beatriz Meilán, Bruno GZ, Dstrangis, Gonzalo Miguel Gesto Quiñoy, Helena Sanmamede, J.J. Solares, La Tienda de Belén, María Fernández de Sanmamede Maneiro, María Torres, Sofía Piñeiro, Silvana, Taller de Polo, Tineal, Xabier Prieto Tejerina, Yolanda Díaz Cabanas!

Entramos na recta final de presentación do equipo!

Caterina Barro, ademais de navegar con Bella Otero en Que din as Rumorosas, aportará a súa visión como coreógrafa na peza.

Caterina Barro. Coreógrafa e bailarina.
Caterina Barro. Coreógrafa e bailarina.

Aquí podedes ver e escoitar a Caterina como coreógrafa

Aínda estades a tempo de subir ao noso barco e remar con nós!

Ata o 4 de agosto está aberta a campaña!

REMADES CON NÓS?

#16 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS. ANDRÉS PAZOS. MÚSICO.

22 de xullo: 3680€ recadados!!

Grazas novas mecenas Alicia Seoane Fotografía, Dani Vilela, Lidiña, Manchea, Manchita Cosa, Rosa Millán García!

Seguimos presentando ao equipo.

Hoxe está con nós Andrés Pazos, pianista, compositor e mestre no Conservatorio de Ferrol. O creador dos espazos sonoros para a nosa peza.

Andrés Pazos. Músico.
Andrés Pazos. Músico.

Aquí podedes ver e escoitar a Andrés Pazos falando da súa tarefa como músico

Entramos na recta final!

Aínda estades a tempo de facer a vosa achega ata o 4 de agosto!

#15 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS. HELGA MÉNDEZ. ACTRIZ.

19 de xullo: 3680€ recadados!!

Grazas novas e novos mecenas Coletivo Sondobar, Gonzo, Miguel, Milagros Cotelo, Mónica Santiago, Rosa Santorum Paz!

Seguimos presentando ao elenco rumoroso.

Hoxe está con nós Helga Méndez, creadora, actriz, directora e docente en artes escénicas.

Helga Méndez. Actriz
Helga Méndez. Actriz

Aquí podedes ver e escoitar a Helga Méndez falando da súa personaxe

Agardamos o voso apoio para seguir remando! Proxecto aberto ata o 30 de xullo!

#14 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS: CARMEN COTELO. ACTRIZ.

14 de xullo: 3420€ recadados!!

Grazas novas mecenas Remedios Cuba García, Roger de Flor, Sonia, María Inés Pérez González!

E aquí vai outra das RUMOROSAS!

Hoxe está con nós Carmen Cotelo, creadora, actriz, paiasa e mestra de teatro no Laboratorio Escénico Coop. na Coruña.

Carmen Cotelo. Actriz
Carmen Cotelo. Actriz

Aquí podedes ver e escoitar a Carmen Cotelo falando dela mesma e da súa personaxe

Agardamos o voso apoio para seguir remando! Proxecto aberto ata o 30 de xullo!

#13 / ATENCIÓN, NEGOCIOS E EMPRESAS DA COMARCA DE FERROLTERRA!!

Que din as Rumorosas
Que din as Rumorosas

Atención NEGOCIOS e EMPRESAS da comarca de Ferrolterra!

Queredes ser MECENAS do noso proxecto? Entrade na plataforma VERKAMI e poñede como usuario o nome do voso negocio. Ademais da recompensa correspondente á vosa achega, publicitaremos o voso NEGOCIO no PHOTOCALL da ESTREA da peza en decembro de 2022.

Grazas a Ferrol360 pola difusión!

Grazas por apoiar a cultura local!!

REMAMOS XUNTAS?

#12 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS: CATERINA BARRO. BAILARINA

13 de xullo: 3320€ recadados, xa pasamos o Ecuador da viaxe!!

Grazas, queridas e queridos mecenas!

Continuamos coa presentación do equipo rhumoroso! Hoxe está con nós Caterina Barro, artista creativa, bailarina, coreógrafa e docente na Escola de Danza Comparte en Narón.

Caterina Barro. Bailarina e coreógrafa.
Caterina Barro. Bailarina e coreógrafa.

Aquí podedes ver e escoitar a Caterina Barro falando de ela mesma e da súa personaxe

Agardamos o voso apoio para seguir remando. Lembrade que temos de prazo ata o 30 de xullo!!

AÍNDA ESTADES A TEMPO!

#11 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS: CRISTINA MARIÑO. ACTRIZ

11 de xullo: 3320€ recadados, xa pasamos o Ecuador da viaxe!!

Grazas ás novas e novos mecenas!:

Agustín Bolaños, Alejandro Varela Vázquez, Amparo Arias Sanmartín, Carlos Ridruejo, Diana E., Emilia Pardo, Esther Val, Julio Jordan, Mari Carmen Fernández Yáñez, María Cordal, Mercedes Prin, Patxi B., PMTRR!!

Continuamos coa presentación do equipo rhumoroso. Hoxe está con nós Cristina Mariño, actriz, directora e dramaturga.

Cristina Mariño. Actriz
Cristina Mariño. Actriz

Aquí podedes ver e escoitar a Cristina Mariño falando de ela mesma e da súa personaxe: Mercedes Mariño

Grazas!

Continuamos remando!!

#10 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS: EUGENIA SANMARTÍN. ACTRIZ.

5 de xullo: 2700€

Grazas ás novas e novos mecenas: Estefanía Doce Fernández, Patricia Marta Bouza, Yaisa Galo!!

Continuamos coa presentación do súper equipo rhumoroso! Hoxe está con nós Eugenia Sanmartín, actriz, cantora... e moitas outras cousas máis!

Eugenia Sanmartín. Actriz.
Eugenia Sanmartín. Actriz.

Aquí podedes ver e escoitar a Eugenia Sanmartín falando sobre ela mesma e a súa personaxe na peza: Eugenia Osterberger

Grazas!

Continuamos remando!!

#09 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS: PAULA CARBALLEIRA. DIRECTORA.

Continuamos sumando rhumorosas e rhumorosos mecenas! 2370€ en 11 días! Alegría!

Grazas ás novas e novos mecenas: Alfonso Obra, Carmen Sixto, J.J. Solares!!

Como sabedes, iniciamos a presentación do equipo o martes con Helga Méndez, a Directora do Proceso de Creación.

Continuamos hoxe coa nosa queridísima e divertidísima Paula Carballeira, a Directora de Escena.

Paula Carballeira. Directora de Escena
Paula Carballeira. Directora de Escena

Aquí podes ver a Paula Carballeira falando de QUE DIN AS RUMOROSAS

#08 / O EQUIPO DAS RUMOROSAS: HELGA MÉNDEZ. DIRECTORA DO PROCESO DE CREACIÓN COLECTIVA

Ola, queridas e queridos mecenas! 2130€ en 8 días!

Estamos moi contentas de que sigades a remar con nós! Grazas ás novas e novos mecenas: Carmen Pardo, Maite Dacosta, María X. Bravo, Ruth, Xebe!!

Semana a semana iremos presentándovos ao equipo das RHUMOROSAS. Hoxe comenzamos con Helga Méndez, a Directora do proceso de creación colectiva.

Helga Méndez
Helga Méndez

Escoita a Helga Méndez falando do proceso de creación

#07 / DE NOVO NA RADIO! GRAZAS, RADIO VOZ!

Foto de Alicia Seoane
Foto de Alicia Seoane

Eugenia Sanmartín e Helga Méndez, parte do elenco de QUE DIN AS RUMOROSAS, falando da peza e da campaña de micromecenado en Verkami.

Grazas Isidoro Valerio Prego e Radio Voz pola vosa amabilidade e pola difusión do proxecto!

Lembrade que podedes subirvos ao barco ata o 30 de xullo!

Maquinarias Teatro lanzou a súa campaña de mecenado para levar aos escenarios a peza teatral "Que din as rumorosas" CONTÁMOLO AQUÍ:

Escoita a entrevista en Radio Voz

#06 / GRAZAS, MECENAS! DÍA 4: 1630€

Grazas!
Grazas!

Grazas ás novas e novos mecenas de hoxe: 1640€ en 4 días!

Concha García Muro, Cora Fernández Méndez, Juan Méndez Martínez, Manuela García Méndez, Rebecca Hare, Simona, Toninho.

RHUMOROSAMENTE AGRADECIDAS!

#02 / GRAZAS, MECENAS! DÍA 1: 1170€

Rhumoroseando...
Rhumoroseando...

Grazas, mecenas, por un primeiro día tan produtivo!

Xa conseguimos 1170€ dos 6000€ do noso primeiro obxectivo!

RHUMOROSAMENTE AGRADECIDAS A...

Anailoredo, Antía Cortizas Leira, Brais Rey, Carmen Varela da Silva, Celia, Clara Goás Vargas, Conchi Méndez García, Eduard Borrell, Francisco Costoya, Fer Marcelín, Gonzalo Rodríguez Calvo, Javier Rodríguez, José Manuel Tenreiro, Juan Galán, Juanpa Ameneiros, Lola Ferreiro, Lupe Hernández, Marité, Mercedes Vigo, MilóManos, Perelu, Quemariaunprado, Quique Costas, Sema, Silvana, Xosé Cuns Traba, Suso Pérez Lago.

Seguimos remando!!

Facebook Maquinarias Teatro
Instagram MaquinariasTeatro
Twitter Maquinarias Teatro
YouTube Maquinarias Teatro

#01 / GRAZAS, PRIMEIRAS MECENAS RUMOROSAS!!!

Iniciando a viaxe!
Iniciando a viaxe!

Grazas ás nosas primeiras/os mecenas polas súas achegas!

Cada achega, cada día suma, e temos 40 días para facer o noso soño realidade!

Sede RUMOROSAS e seguide apoiando e difundindo nas vosas redes a vosa participación coa ligazón ao proxecto: https://vkm.is/rumorosas

E engade ao post os hashtag: #rumorosas #maquinariasteatro

Quedamos RHUMOROSAMENTE agradecidas!

Segimos remando xuntas??

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies