❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Delincuente, nova produción audiovisual de Nuria Vil

Unha obra visual que rescata a historia da cidade de Vigo dos 80 a través de La Maradona e a poesía galega contemporánea.

Nuria Vil

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
129
Aportaciones
5.365€
De 4.800€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Os cartos destinaranse á rodaxe, produción e distribución dunha peza audiovisual de ficción baseada no poema Delicuente.

A BSO está composta por MorlitaM (Olga Martínez) e o poema foi gravado e masterizado por Jose Gayoso en Verín.

A rodaxe será os días 10 e 11 de xullo en Vigo e participarán nela un grupo de figuración entre o que están APAMP (Asociación de familias de Persoas con Parálise Cerebral) e as delincuentes cuquis:

Alex Morgade, Andrea Nunes, Angelly Ferreiro, Aranxa Vicens, Cinthia Ermitas, Eric Dopazo, Lu Cohen, Lucía Aldao, María Lado, Nee Barros, Nelu Vermouth, Saya Mohamed, Vanessa Glemsel e Violeta Mosquera.

O obxectivo de Delincuente á preservar e rescatar a historia obreira da cidade e impulsar os vindeiros proxectos para que sexan autónomos e continúen a xerar emprego e creatividade con conciencia.

Participa nas primeiras 72h

Cunha participación mínima de 35€ entras no sorteo de:

Ademais:

As 10 primeiras persoas que participedes no nivel atraco a man armada vides a unha ruta polas localizacións que inspiraron o meu libro boto en falta ir de rave (en Simún, Ed. Chan da Pólvora, 2021).

Número de boletos que obtés para participar:

  • Nivel Delincuente = 1 boleto

  • Nivel Atraco a man armada = 2 boletos

  • Nivel Delincuencia xuvenil = 2 boletos

  • Nivel Banda organizada = 3 boletos

Detrás dos pasos de La Maradona

En marzo de 2021 recibín unha proposta que mudou totalmente a miña vida despois da pandemia; a crise da covid na cultura e na vida en xeral segue para moites bastante presente, a nosa saúde mental saíu danada e con ela os folgos, o traballo e o aumento da precariedade. En 2021 Xela Arias foi galardoada co Día das Letras Galegas e a Produtora Revenidas contactou cun grupo de 4 poetas para levar a escena un espectáculo a carón de A Banda da Loba: Helena Salgueiro, Estíbaliz Espinosa, Vanessa Glemsel e eu mesme.

Nuria Vil durante o espectáculo Por Xela! (Pontevedra, 2021).
Nuria Vil durante o espectáculo Por Xela! (Pontevedra, 2021).

Naquel intre, buscando inspiración para o meu poema, descubrín a La Maradona, a líder da banda de delincuencia xuvenil do Barrio da Ferraría, no Casco Vello Alto de Vigo, e escribín un monólogo xa daquela bastante extenso… Nestes últimos anos Eduarda converteuse nunha pequena obsesión para min e aquel monólogo foi medrando (seguirá a facelo, estou convencida) ata converterse no texto que é a día de hoxe.

Vin claramente aquel Vigo da reconversión, dos textos de Xohana Torres, María Xosé Queizán, Marga do Val, María do Carme Cruckenberg e a propia Xela Arias, retratado no recordo vago dunha cativa que atemorizou á cidade: nacida dun contexto onde a droga, o paro e as revoltas estaban á orde do día, La Maradona era o resultado dun intre histórico concreto.

Desde que cheguei (non sei moi ben como nin cando) ao filme Deprisa, deprisa (Carlos Saura, 1981) nalgunha páxina de visionado en liña, o cine quinqui foi apropiándose do meu imaxinario e neste monólogo din co xeito perfecto de deixalo invadir todo. Os propios xornais e reportaxes que falan deste Vigo dos 80 fan mención explícita ao cine quinqui, un xénero cinematográfico da década de finais de 1970 e 1980 que retrata as desventuras de distintos delincuentes e a cara B dunha transición do franquismo á democracia. Todo o que sei a día de hoxe sobre a historia recente do Estado Español (e non é demasiado, tampouco vaiades crer), é grazas ao interese que o cine quinqui e a literatura comparada espertaron en min.

Nestes últimos anos mergulleime na historia, en referentes visuais e no relato colectivo. O que non apareceu na hemeroteca, foi xurdindo do relato de persoas que coñeceron a Eduarda, que me escoitaron recitar e viñeron contarme as súas historias; aos poucos, fun descubrindo que Delincuente establecía unha conexión Nuria - público moito máis potente do que eu cría: espertaba os recordos, as vivencias e o imaxinario de moitas persoas das que a min me fixeran crer que estaba desconectade. La Maradona serve de ponte xeracional, non só cara ao pasado, senón tamén cara ao futuro… Con diferenza, este é un dos poemas que máis interese espertan nos centro de ensino pola duración, polo contido, polo imaxinario…

Recompensas exclusivas

Todo este material tan só poderá conseguirse a través desta campaña e foi deseñado con moito mimo por Xavier Pérez e Sayre Domínguez! (L)

  • Carteiras co deseño orixinal de Sayre Domínguez e Xavier Pérez. Impresión feita en A Coruña.

Carteiras. Deseño de Sayre Domínguez e Xavier Pérez
Carteiras. Deseño de Sayre Domínguez e Xavier Pérez

  • Parches co deseño orixinal de Sayre Domínguez e Xavier Pérez. Feitos en El Taller Textil Vigo. Tamaño 8x8cm.

Parches co deseño orixinal de Sayre Domínguez e Xavier Pérez
Parches co deseño orixinal de Sayre Domínguez e Xavier Pérez

  • Camisolas co deseño orixinal de Sayre Domínguez e Xavier Pérez. Serigrafadas en Ourense por Lora González (Salsa Gaucha).

Importante: queremos que todos os corpos luzan delincuentes e por iso os talles irán ata o 3XL. Recibiredes as medidas antes de que encarguemos as camis. Queremos producir tan só o necesario.

Camisolas co deseño orixinal de Sayre Domínguez e Xavier Pérez. Serigrafadas en Ourense por Lora González (Salsa Gaucha).
Camisolas co deseño orixinal de Sayre Domínguez e Xavier Pérez. Serigrafadas en Ourense por Lora González (Salsa Gaucha).

Quen son?

Nuria Vil | Nuria Vilán Prado - Santo André de Comesaña - Vigo

non distingo entre ver e mirar

Resitadora. Filolólogue de formación, diversifico os meus intereses nun intento de sosterme como creadora autónoma. En 2016 cocreei o espectáculo de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro con Vanessa Glemsel. Fago parte da plataforma de crítica literaria A Sega, xestiono un perfil na páxina de mecenado Patreon e na canle de YouTube de divulgación cultural Coidado coa Cadela. Traballo como correctore editorial e tamén imparto obradoiros arredor da creación poética e do galego. Simún (Chan da Pólvora, 2021) é o meu primeiro e único poemario escrito. O transfeminismo, a conciencia antirracista e a vindicación social vertebran a miña forma de crear e de posicionarme no mundo.

Nuria Vilán Prado (Nuria Vil). Fotografía Dania Pol (2022).
Nuria Vilán Prado (Nuria Vil). Fotografía Dania Pol (2022).

Veño de estrear a peza híbrida Espazo a vulnerar no Festival Escenas do Cambio (Cidade da Cultura, maio 2023). O ano pasado formei parte do ciclo Pictura Fulgens no Reina Sofía, dentro 40 Festival de Otoño de Madrid.

Este 2023 fun gañadora da Bolsa Ensaia como recoñecemento á miña traxentoria. Nos últimos anos fixen parte, sempre en galego, de festivais, performances e intervencións en festivais e eventos pola xeografía: Poematika Bilbao, Versud Mallorca, Poesía en Getafe, Sacavera Sound Asturies, Slam Poetry Madrid, O Porto, Festival Sinsal, Alguén que Respira,...

Podes ler e curiosear sobre min premendo aquí.

Equipa delincuente

CRU Producións Sociedade Cooperativa Galega nace cuns valores sociais acoutados á unha vontade de transformación perante a grande eiva democrática que constitúe a desigualdade de xénero.

Nacimos o 8 de Marzo de 2022, desde esa data devolvemos os nosos recursos ao underground, o noso hábitat, onde existe unha infinita capacidade de transformación e talento, que para moitos ollos é invisible, pero que nós abrazamos e elevamos. Priorizamos equipas creativas e técnicas de mulleres ou persoas LGTBQIA+ para paliar a desigualdade de acceso destas ao universo do cinema e ás que brindamos un entorno seguro para traballar.

1o Premio Provincial da Xuventude 2022 á Mellor Iniciativa Empresarial outorgado pola Deputación de Pontevedra.

  • Deseño gráfico

Sayre Domínguez (no tiene género: "i'm a experiencie")

Licenciada para hacer garabatos. Sus últimos trabajos van desde el diseño gráfico, diseño editorial, lettering, grabados hasta tejer jerséis para su gato.

Sayre Domínguez
Sayre Domínguez

  • Max Xavier Moreno Pérez (el/eli/he/him/they/them)

Lima, Perú, 1998. Artista, en su mayoría autodidacta, racializado, migrante, neurodivergente, trans y bisexual.

Para cosillas de ilustración y diseño gráfico también aparezco en Behance e Instagram como @XaviPawn, además tengo una tiendita online llamada @Pantone109.

Max Xavier Moreno Pérez
Max Xavier Moreno Pérez

  • Dirección e montaxe: Alba Domínguez

Editora e directora

Nace en Meaño no ano 1997. Gradúase en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e na súa estadía Erasmus en Lisboa inclina os seus intereses cara á montaxe cinematográfica, editando pezas de ficción e non-ficción, e codirixe curtas experimentais como Lázaro, seleccionada en festivais como o IndieLisboa.

Tamén está a completar a súa formación no Ciclo Superior de Son para Audiovisuais e Espectáculos, tendo realizado traballos como o son directo da

curta documental Os Corpos, de Eloy Domínguez Serén, ou o deseño sonoro de curtas experimentais.

Actualmente compaxina traballos no departamento da montaxe cinematográfica con proxectos no eido dos videoclips, xa sexa en calidade de directora, editora ou directora de fotografía.

Alba Domínguez
Alba Domínguez

- Axudante de cámara: Aarón Vilariño

Estudo e fago cine segundo me van deixando, concretamente no departamento de fotografía como dire de foto ou en luz. Son de Santiago, estudo en Barcelona e traballo alí a onde chegue o Flixbus. Instagram: @aaron_vilarinho

Aarón Vilariño
Aarón Vilariño

  • Axudante de dirección: María Viana

Estudei o ciclo superior de Ilustración e posteriormente o de iluminación, captación e tratamento de imaxe, podendo orientarme ao que siempre quixen realmente: o cine, a fotografía e o guión.

Dende entón teño participado en diversas curtametraxes, películas, series e programas de televisión como Auxiliar de Cámara, Videoassist ou Xefa de producción.

No último ano intento orientarme cara a equipa de dirección, atopando no posto de Axudante de dirección o lugar onde sinto que mellor podo desenrolar o meu potencial. Aínda así, nunca descarto seguir probando diversos departamentos, xa que o feito de participar da creación audiovisual é para min aliciente suficiente para aprender a facer calquera cousa.

María Viana
María Viana

- Dirección de arte: Antía Carreira
(Lugo, 1995) Cineasta, artista visual e activista cultural. Encontra acougo na videocreación, na fotografía e nas artes visuais. Constrúe a través do arquivo, establecendo unha conversa activa coa memoria propia e allea. Os seus filmes como "Pestanas Postizas"(2018), "Ola Baby: Video-ensaio sobre a miña depresión (2020), "Formigón (2021), "Ollos que miran" (2022), oscilan entre o documental, a ficción, o videoarte e a instalación artística. Destaca tamén o seu traballo de xestión cultural e organización de eventos, dende unha perspectiva que salienta a colectividade, a creación desde as marxes e a experimentación. Nesta liña, crea o seu proxecto de dj Tonita, na búsqueda dun ecosistema para a reafirmación dos corpos nos espazos.

Antía Carreira
Antía Carreira

- Foto fixa: Xiana Quintas

Sou um reflexo, uma síntese aditiva, disseco o mundo com um olhar obsessivo e inclusivo. Ata a boca da loba por uma boa toma.

Xiana Quintas. Autorretrato.
Xiana Quintas. Autorretrato.

- Etalonaxe: Leticia T. Blanco

Entre a súa extensa formación e biografía:

Combina os estudos en Barcelona con traballos en rodaxes para TV3 como “Pop Ràpid” ou en películas de Ventura Pons. Realiza a especialización en corrección de cor e etalonaxe na Escola de Cine de San Antonio de los Baños, en Cuba e á súa volta entra a formar parte do equipo de video en MANGO. En 2016 retorna a Galicia onde desarrolla a súa actividade como asistente técnica en rodaxes coma “Qué Hicimos Mal” de Liliana Torres ou “Matria” de Álvaro Gago; así como postproducción de imaxe para cine e publicidade. Ademáis, traballa como realizadora en directo do espectáculo “Curva España” do Grupo Chévere e como fotógrafa freelance para varios medios e proxectos.

Leticia T. Blanco
Leticia T. Blanco

- DIT: Iria Silvosa

Creadora audiovisual especializada en montaxe e centrada na composición a partir de soportes analóxicos. É socia traballadora na cooperativa Numax e combina a rama cinéfila coa creativa a través da realización de pezas en Super-8, MiniDV ou calquera outro soporte considerado amateur que se lle pase por diante.

Iria Silvosa
Iria Silvosa

- Vestiario: Cuplé Vintage

Cuplé Vintage é unha pequena tenda de roupa e accesorios vintage. Encargámonos de buscar, recuperar e mimar prendas e complementos con certa idade para que volvan ser amadas por persoas que aprecian o fermoso doutras épocas.

Logo Cuplé Vintage
Logo Cuplé Vintage

Banda Sonora Orixinal: MorlitaM

Olga Martínez.

Desde 2008, especialízase na música experimental e no desenvolvemento de arte mediante novas tecnoloxías; colabora con distintas universidades de Belas Artes, museos e curadoras de arte nacionais e internacionais. Os seus proxectos inclúen escultura 3D e animación mediante modelado e scripting, así como a creación das plataformas de exposicións.

Durante varios anos traballou co selo discográfico NAIF LABEL; a composición para curtametraxes e instalacións sonoras fan que participe en eventos en EEUU, Xapón, Francia, Italia ou Canadá en festivais como Cannes, FocOff, BurningMan, RTVE, UWA Art ou os Carnavais de Nizza xunto ao artista Patrick Moya.

Os seus pasos futuros diríxense a achegar a Galicia o concepto das artes e músicas experimentais dunha forma accesible para todo o mundo.

MorlitaM
MorlitaM

- Gravación de voz: Jose M. R. Gayoso

Nado hai 41 anos por motivos da emigración en Alemaña, é oriúndo de Sampaio de Riós, no sur da provincia de Ourense.

Na actualidade exerce como avogado en Verín dende hai mais de 10 anos; pero xunto co seu día a día como xurista, tamén cabe destacar a súa vertente como músico, técnico de son e productor musical.

Dende adolescente foise formando na disciplina musical dun xeito autodidacta. Tras aprender a tocar a guitarra acústica e eléctrica, comezou a adestrarse como multinstrumentista no estudo de multitude de instrumentos acústicos, dominando ademais da guitarra, instrumentos tan variados como a mandolina, o dobro, o banjo, a steel guitar, o bouzouki, a mandola ou a domra. Tras toda esta actividade, comeza a completar os seus estudos no mundo da enxeñería de son, gravación e produción musical.

Ata o día de hoxe colaborou como músico de sesión e de directo, arranxista e produtor na gravación de numerosos proxectos discográficos como os da Alcalá Acoustic Band, Xestreu, Nús, Emilio Rúa, Xosé Carlos Caneiro, etc; e na actualidade e membro da ecléctica banda Piratas sen Parche, da banda de world music Bica, do proxecto de country galego de Diego Castro e os Impostores, da banda de Folk-Rock Evendim, e musico de directo da Banda de Garda, ademais de colaborar esporadicamente noutros proxectos musicais e artísticos como técnico de son de Xascariz, Tandub, Caamaño&Ameixeiras, Gin Toni’s, etc.

Jose M. R. Gayoso
Jose M. R. Gayoso

Apostamos pola moda con sentido, a artesanía e a sostibilidade. Por iso mimamos cada un dos nosos produtos, buscando os materiais que sexan respectuosos co medio ambiente e con nós mesmas.

  • Parches: El Taller Textil Vigo

  • Carteiras: DiDixital A Coruña

En que investiremos o cartos?

En primeiro lugar, en remunerar o traballo de todas as persoas que forman parte do proxecto.

Para sacar adiante este proxecto conto co apoio da Bolsa Ensaia e esa é a base económica que se sumará a todo o conseguido no verkami.

4.800€ é a base que establecemos como mínimo: esta plataforma funciona a todo ou nada. Súmanse á bolsa ensaia (4000€), PEEEERO sobre estes mínimos é importante saber que tan só cobran algúns dos departamentos. Asumir os impostos e unha remuneración digna para un equipo de profesionais tradúcese en: cartiños!

De acadarmos 2.622€ máis (7.122€): TODA A EQUIPA COBRA, o plan de distribución está máis equilibrado e pode asegurarse a viabilidade da peza audiovisual e que todo este tempo, ilusión e esforzos se vexan recompensados como merecen.

En segundo lugar, custeamos as recompensas: todas as persoíñas e empresas que van fabricar as recompensas teñen que cobrar polo seu traballo.

En último lugar: OS IMPOSTOS e porcentaxes de gañancia da plataforma

21% de IVE (porque facemos as cousiñas de forma ineludiblemente legal).

5% para Verkami: de algo terán que manterse por xestionar a plataforma.

Calendario previsto

Rodaxe: 10 e 11 de xullo

Montaxe: ao longo do mes de agosto/setembro

Etalonaxe: ao longo do mes de setembro/outubro

Poderedes ter as recompensas nas presentacións da peza. Non podemos asegurar cando será a estrea, xa que acelerar os tempos de montaxe repercutiría na atención e no coidado.

A duración da peza será de 10 minutos e supón moito material visual que xestionar. Preferimos non acelerar os tempos (xa que non hai necesidade).

+ Info

Precisamos patrocinios de todo tipo de material para a rodaxe, comida, cadeiras... Se es unha empresa e queres formar parte, escríbeme: [email protected]

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

14 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Lou

    Lou

    11 meses

    Ánimo Nuria!

  • Lou

    Lou

    11 meses

    Ánimo Nuria!

  • Anabel

    Anabel

    11 meses

    Meus melhores desejos! Súper-chefa!

  • AFEROZ

    AFEROZ

    11 meses

    Moita merda Nuria!! :) apertas feroces

  • Sandra

    Sandra

    11 meses

    Vaia temazo! ❤‍🔥

  • Rula Gz

    Rula Gz

    11 meses

    Que haxa sorte! Ganas de ver o proxecto sí que hai :)

  • Helga Méndez

    Helga Méndez

    11 meses

    Adiante esa forza das poesías de base! Oxalá o consigas Nuria! Aperta enorme desde Ferrol!

  • Cristian Rey Graña

    Cristian Rey Graña

    11 meses

    Feliz de participar desta marabilla ❤️

  • Alba

    Alba

    11 meses

    Tres ayuditas más. 💪💪💪

  • Uterzine

    Uterzine

    11 meses

    Imos aló! 🔥🔥🔥🔥

#03 / Ano delincuente!

Feliz ano delincuente, delincuentes!

Nos vindeiros meses tanto a curta como as recompensas chegarán a vós :D

Este é un aviso de que todo segue o seu curso, paseniño. As recompensas aínda non están preparadas para entregar e tampouco a curta para que poida chegar ao público.

Imos pasiño a pasiño, a ritmo lento, coa intención de coidar ao máximo a estrea e poder dar un percorrido lindo ao que creamos.

Todes recibiredes aviso tanto da estrea como dos puntos de recollida das recompensas: por aquí, por correo electrónico e por todas as miñas redes (Instagram, TikTok, LinkedIn, Facebook, Twitter).

Déixovos un par de agasallos en forma de foto: todas son de Xiana Quintas que fixo o traballo de foto fixa durante a rodaxe e recolleu imaxes lindísimas!

Foto fixa: Xiana Quintas. Durante a rodaxe en xullo de 2023.
Foto fixa: Xiana Quintas. Durante a rodaxe en xullo de 2023.

Foto fixa: Xiana Quintas. Figuración e parte da equipa técnica durante a rodaxe de Delincuente en xullo de 2023.
Foto fixa: Xiana Quintas. Figuración e parte da equipa técnica durante a rodaxe de Delincuente en xullo de 2023.

Foto fixa: Xiana Quintas. Figuración e equipa técnica durante a rodaxe de Delincuente en xullo de 2023.
leer más

#02 / Porfa respondede ao correo!

Ola de novo, mecenas!

Desde o 3 de agosto tedes dispoñible un formulario no que indicar o voso talle de camiseta, nome para figurar en créditos etc.

Pecha en 4h e despois non poderei contactar convosco. É a única forma que teño de xestionarvos a 129 persoas...

A recompensas NON están dispoñibles.

Queremos telas a finais de ano, pero para iso é necesario empezar a traballar en setembro e que respondades a ese formulario!

Moitas graaaazaaaaas!

Prégovos que respondades!

Apertas!

#01 / OLI DELINCUENTEEES

Ola a todes, mecenas querides!

Moitísimas grazas a todes por formar parte de Delincuente! Por aquí persoalmente sigo a repoñerme das emocións de todos estes meses de traballiño duro. A rodaxe foi os días 10 e 11 de xullo en Vigo e pasamos un día divertidísimo dentro do esgotamento que supón un traballiño así :D.

Aquí unha parte de figuración + equipa durante a comida
Aquí unha parte de figuración + equipa durante a comida

Agora queda o traballo invisible ata que chegue a vós: montaxe, corrección de cor, deseño gráfico, distribución... Aínda que o vídeo xa está gravado, a estrea non será ata finais de ano.

Hoxe mesmo puiden enviarvos os formularios para recoller talles, cidades nas que estades, nomes para os créditos... Gustaríanos compilar toda esta info antes de que acabe agosto para poder facer o pedido de toooodas as recompensas a mediados de setembro. Unha vez que fagamos o pedido, cada cousiña terá o seu tempo de elaboración, así que prefiro que non contedes coas recompensas ata un prazo similar á estrea: novembro/decembro.

leer más

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies